Thomas Combe era fillo dun impresor do mesmo nome finado cara a 1836, que tamén tiña unha libraría e era propietario dun xornal en Leicester. Despois de traballar co seu pai e como empregado noutros traballos similares en Oxford, emprendeu os seus propios negocios no ámbito editorial.
En 1826 formou parte dunha sociedade en Londres, pero antes da fin do ano regresou a Leicester para retomar os negocios familiares (baixo o nome de T. Combe and Son entre 1826 e 1835).
Despois da morte do seu pai trasladouse a Oxford e pasou a formar parte de Oxford University Press (ou Clarendon Press) en 1837, da que, logo de adquirir partes do negocio desde o ano seguinte, chegou a ser socio principal en 1851.[2] Como resultado, manexou unha fortuna considerable.
Combe morreu o 30 de xuño de 1872 e foi enterrado no cemitrerio do Santo Sepulcro, de Oxford. A súa viúva mantivo e agrandou a súa colección de arte prerrafaelista e, tras a súa morte en 1893, a parte máis importante da colección foille legada á Universidade de Oxford e hoxe está no Museo Ashmolean.
Unha placa na parede exterior da igrexa de San Bernabé conmemora as figuras de Thomas Combe e a súa muller Martha cando fundadores e benefactores da igrexa.[4]
Notas
↑Hibbert, Christopher (ed.). "St Barnabas, Church of". En The Encyclopaedia of Oxford. Macmillan. 1988. Páxinas 378 e 379. ISBN 0-333-39917-X(En inglés)