The Staple Singers foi un grupo musical de Chicago pioneiro da música gospel, soul e Rhythm and blues composto pola familia Staples; o pai Roebuck "Pops" Staples (1914 - 2000) e as fillas Cleotha (1934-2013), Pervis (1935), Yvonne (1936), quen substituíu ao seu irmán Pervis en 1970, e Mavis (1939). O grupo estivo activo en dúas etapas non continuas. Fundouse en 1948 na igrexa Mount Zion de Chicago e disolveuse en 1994, para regresar durante o ano 1999, nunha xira xurdida ao ser homenaxeados no Salón da Fama do Rock. Mavis Staples continúa cunha carreira en solitario ata os nosos días en paralelo a un activismo pola loita dos dereitos civís. A banda foi citada como referencia para artistas de rock posteriores como Grateful Dead, The Band ou Prince, na súa canción I Would Die 4 U.[1]
Traxectoria
The Staple Singers consistiron en catro irmás e un irmán que guiados polo pai comezaron na música dentro do coro da igrexa baptista de New Covenant, destacando polas súas cualidades vocais. Os Staples firmaron o seu primeiro contrato profesional en 1952 inlcuíndo na formación a seu pai, en similitude a moitos outros grupos pop familiares dos Estados Unidos naquela época, destacando eles ao optar pola música gospel comezaron a cativar aos oíntes en base a calidade na harmonía vocal e un estilo novidoso, destacado polos críticos actuais. Na década de 1960, os Staples mudáronse ao soul e ao R&B e convertéronse nunha das bandas máis influentes da época.
Unha das cancións máis famosas de The Staple Singers é I'll Take You There, publicada en 1972. A canción foi o número un das listas de soul e R&B e segue sendo unha das cancións máis coñecidas da banda. Respect Yourself, éxito posterior, lanzado en 1971 é un referente na historia do soul. O seu éxito de 1977 "Stand By Me" entrou no top ten das listas de Billboard en dúas ocasións: tras a súa publicación como sinxelo en 1961 e en 1986, coincidindo coa publicación da canción na película Conta comigo e co uso da canción para un anuncio de Levi Jeans.[2]
"Stand by Me" quedou no posto 121 da lista das 500 mellores cancións de todos os tempos, elaborada pola revista musical Rolling Stone. BMI nomeou a canción como a cuarta máis interpretada durante o século XX, con máis de sete millóns de interpretacións.
Os Staple Singers tamén influíron na loita polos dereitos civís nos Estados Unidos, liderados polo contacto da familia e activista social Coretta Scott King. A banda estivo preto dos líderes do movemento e a súa música serviu para concienciar sobre os problemas políticos e sociais da época. Cancións como Why? (Am I Treated So Bad) e Long Walk to D.C. son exemplos de como a súa música estivo relacionada coa loita polos dereitos civís.