The Mind, Explained é unha miniserie web estadounidense de 2019. A serie está narrada por Emma Stone na tempada 1 e Julianne Moore na tempada 2, e aborda o que ocorre dentro do cerebro en distintas situacións, como cando soñamos ou temos ansiedade.[1] Os episodios están orientados a responder as grandes preguntas sobre cinco temas: memoria, soños, ansiedade, conciencia e alucinóxenos.[2] A miniserie forma parte da serie Explained de Vox e Netflix.[3] A serie mestura diferentes formatos como entrevistas, animación e gráficos.
Episodios
Consta de dúas tempadas de 5 episodios, e cada episodio ten unha duración de arredor de 20 minutos. O primeiro episodio pode ser visto en YouTube totalmente de balde.[4]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas