The Kite Runner é un filme estadounidense de 2007 dirixido por Marc Forster. O guión é obra de David Benioff e baséase na novela O cazador de papaventos de Khaled Hosseini. Conta a historia de Amir, un neno rico do distrito Wazir Akbar Khan de Cabul que vive atormentado pola culpa de abandonar o seu mellor amigo Hassan, o fillo do servente hazara do seu pai. Está ambientado en diversos eventos conflitivos de Afganistán, como a caída da monarquía no país por mor da intervención militar soviética, o éxodo masivo de refuxiados cara a Paquistán e os Estados Unidos, e o réxime talibán.
Cun orzamento de $20 millóns,[1] recadou máis de $72,2 en todo o mundo.[2] O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica, e foi nomeado ó Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa en 2007. A banda sonora de Alberto Iglesias foi nomeada á mellor banda sonora nos Globos de Ouro e na 80ª edición dos Oscar.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas