The Incredible String Band (ás veces abreviado como ISB) foi unha banda escocesa de folk psicodélico formada por Clive Palmer, Robin Williamson e Mike Heron en Edimburgo no ano 1966.[1] O grupo tivo un número de seguidores considerable, especialmente entre a contracultura británica, e destacou cos seus álbums The 5000 Spirits or the Layers of the Onion, The Hangman's Beautiful Daughter, e Wee Tam and the Big Huge. Foron pioneiros no folk psicodélico e, a través da integración dunha gran variedade de formas de música tradicional, no desenvolvemento da world music.
Tras a temperá marcha de Palmer, Williamson e Heron actuaron como dúo, incorporando despois a outros músicos. A banda separouse en 1974. No ano 1999 reformouse e continuou tocando con distintas formacións ata 2006.
Discografía
Álbums
Notas