The Hunt é un filme estadounidense de terror satírico de 2020 dirixido por Craig Zobel e escrito por Nick Cuse e Damon Lindelof. Está protagonizado por Betty Gilpin, Ike Barinholtz, Amy Madigan, Emma Roberts, Ethan Suplee e Hilary Swank. Jason Blum foi o produtor baixo o selo de Blumhouse Productions, xunto con Lindelof.[3] Tanto Zobel como Lindelof dixeron que o filme serve como unha sátira da profunda división política nos Estados Unidos entre a esquerda e a dereita.[4]
A estrea do filme estaba prevista orixinalmente para o 27 de setembro de 2019. Porén, por mor dos tiroteos masivos de Dayton e El Paso en agosto de 2019, Universal Pictures decidiu adiar a estrea. The Hunt estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 13 de marzo de 2020. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica e recadou 6 millóns de dólares. A limitada recadación foi atribuída á pandemia por coronavirus de 2019-2020, que provocou o peche mundial das salas de cinema. Universal fixo que o filme estivese dispoñible dixitalmente só unha semana despois da estrea nos cinemas.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas