The Hold Steady é unha banda estadounidense de rock alternativo procedente de Brooklyn, Nova York, formado no ano 2003. O grupo está composto por Craig Finn (voces, guitarra), Tad Kubler (guitarra), Galen Polivka (baixo), Bobby Drake (batería), e Steve Selvidge (guitarra).[1] Destaca pola súa "densa narración lírica"[2] e as influencias do rock clásico. O grupo adoita a falar de temas nas súas cancións como a adición ás drogas, a relixión e a redención, e acostuma recorrer a personaxes baseados na cidade de Minneapolis.
Formada catro anos despois da separación da anterior banda de Finn e Kubler, Lifter Puller, The Hold Steady publicou o seu álbum de estrea, Almost Killed Me, en 2004, e chegou á fama coa edición do seu terceiro traballo, Boys and Girls in America, en 2006. No ano 2010 o multiinstrumentista Franz Nicolay deixou o grupo antes da gravación dos seu quinto disco de estudio, Heaven Is Whenever (2010). Durante a seguinte xira da banda volveron a ser un quinteto coa inclusión do antigo guitarrista de Lucero Steve Selvidge.[1] O conxunto lanzou o seu sexto traballo, Teeth Dreams, o 25 de marzo de 2014.
Discografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas