The Final Table é un concurso de televisión estadounidense e reality de cociña presentado polo escritor e crítico culinario Andrew Knowlton. Foi rodado nos Ánxeles, California por Netflix. A primeira temapada foi estreada o 20 de novembro de 2018.[1] Compiten doce equipos internacionais compostos por dous chefs que deben crear pratos baseados na cociña de cada país.[2] A primeira rolda é xulgada por un panel de tres persoas — un crítico gastronómico e dous cidadáns culturalmente significativos, todos representando o país do episodio — avaliando a interpretación de cada equipo do prato elixido. Intercalados entre as actividades de cociña hai anacos de vídeo das biografías dos concursantes.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas