The Day the Earth Stood Still é un filme dirixido por Scott Derrickson que se estreou no 2008. Remake do clásico de ciencia ficción de 1951 The Day the Earth Stood Still.
Sinopse
Un día a Doutora Helen Benson (Jennifer Connelly) é sacada repentinamente da súa casa pola Axencia de Seguridade Nacional, e levada xunto a outros científicos para investigar un misterioso obxecto do espazo que vai a chocar de forma inminente contra a illa de Manhattan. Pero a colisión non se produce, pois o OVNI, que resulta ser unha nave espacial de orixe descoñecida, aterra no medio de Central Park. As extraordinarias circunstancias que seguen a tan prodixioso acontecemento, co planeta enteiro en estado de shock, levarán a Helen a coñecer a Klaatu (Keanu Reeves), un extraterrestre humanoide que di chegar á Terra para advertir á poboación.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas