The Cramps foi unha banda estadounidense de garage punk formada en 1976 e activa ata o ano 2009. A banda desapareceu despois da morte do vocalista Lux Interior.[1] A súa composición variou moito ao longo da súa traxectoria, sendo os únicos membros constantes o matrimonio formado por Lux Interior e a guitarrista Poison Ivy. O guitarrista Bryan Gregory e o batería Pam Ballam completaron a primeira formación en abril de 1976.
O grupo formou parte do primeiro movemento punk rock xurdido de Nova York. The Cramps destacan por influenciar a varios estilos musicais, xa que é unha das primeiras bandas de garage punk e tamén a primeira que mesturou o punk rock co rockabilly, polo que son recoñecidos como un dos principais innovadores do psychobilly, inspirando a moitas das primeiras bandas de rock gótico.
Discografía
Notas
- ↑ The Wild Wild World of The Cramps: Ian Johnston, Omnibus Press, 1990
Véxase tamén
Ligazóns externas