The Core é un filme estadounidense dirixido por Jon Amiel que se estreou no 2003.
Sinopse
Logo dunha serie de estraños acontecementos ó longo do planeta, descóbrese que, por razóns descoñecidas, o corazón do planeta Terra detivo o seu movemento xiratorio, o que causará en poucos meses un tremendo desastre natural, eliminando a vida do planeta. Para buscar unha solución a esta catástrofe, o goberno e o estamento militar estadounidense piden axuda ó xeofísico que descubriu que estaba pasando, o Doutor Josh Keyes (Aaron Eckhart), e a un grupo cos mellores científicos mundiais. Deberán viaxar ó centro da Terra nun vehículo subterráneo ó mando do comandante Robert Iverson (Bruce Greenwood) e Rebecca “Beck” Childs (Hilary Swank). A súa perigosa misión será a de detonar un dispositivo nuclear que intente reactivar o núcleo e así salvar o mundo enteiro dunha destrución segura.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas