Tess é un filme franco-británico de 1979 dirixido por Roman Polanski e protagonizado por Nastassja Kinski, Peter Firth e Leigh Lawson. É unha adaptación da novela de Thomas Hardy Tess of the d'Urbervilles (1891).[3] O guión foi escrito por Gérard Brach, John Brownjohn e Roman Polanski. O filme recibiu críticas positivas logo da súa estrea e foi nomeado a seis Premios Óscar, incluíndo mellor filme, e gañando nas categorías de mellor fotografía, mellor deseño de produción e mellor deseño de vestiario.
Estreouse en galego o 8 de febreiro de 2023 a través da TVG.[4][5]
Sinopse
A historia ten lugar nos condados rurais de Dorset, Inglaterra durante a época vitoriana. A acción desencadéase cando, de maneira inocente, o crego dunha aldea, Parson Tringham (Tony Church), lle revela a John Durbeyfield (John Collin), un honrado granxeiro, que os "Durbeyfields" son realmente descendentes dos d’Urbervilles, unha nobre familia case extinguida cuxa liñaxe se remonta até a época de Guillerme o Conquistador. Esta información semella inútil xa que a familia perdeu as súas terras e o seu prestixio cando morreron os herdeiros varóns. O crego simplemente pensa que a Durbeyfield lle gustaría coñecer as súas orixes como curiosidade histórica.
Personaxes
Notas