O tesouro de Muras é un conxunto de 52 moedas medievais dun real de prata emitidas a nome de Pedro I de Castela no século XIV , aparecido en Muras , Lugo en 1983 .
Descuberta e contido
O tesouro de Muras foi descuberto no transcurso dunhas obras nunha vivenda particular desta localidade luguesa, e descoñécense máis circunstancias acerca do seu achado e tamén a súa composición orixinal.[ 1]
Real de Pedro I de Castela da ceca de Sevilla, similar aos que conforman o tesouro de Muras.
As moedas conservadas procedentes del foron divididas en dúas institucións museísticas . Por unha banda, o 12 de novembro de 1983 consta unha adquisición de 34 moedas a Armando Durán Cao, cunha subvención da Fundación Barrié , por un importe de 18.000 pesetas ;[ 2] estas moedas foron depositadas no Museo Provincial de Lugo . Todos os exemplares eran reais de prata cuñados a nome de Pedro I de Castela (1350 -1369 ), cuñados nas cecas da Coruña , Sevilla e Burgos . O seu estado de conservación é moi variable e todas amosan o característico deseño da letra P coroada no anverso e o escudo cuadrilobulado coas armas de Castela e de León no reverso .[ 1] [ 3]
Por outra parte, o numismático Núñez Meneses indica que no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón , da Coruña , se atopan outros 18 exemplares similares procedentes deste mesmo achado, depositados igualmente por Armando Durán Cao.[ 1] [ 4]
Notas
↑ 1,0 1,1 1,2 "Tesouriño de Muras (Lugo) ". En Balseiro García, A. (coord.) (2001). Páxina 53.
↑ Alcorta Irastorza, E. (2016). "As, maravedí, real y peseta. Un paseo por la colección numismática del Museo Provincial de Lugo ". En XV Congreso Nacional de Numismática (Madrid, 28-30 octubre 2014) . Páxina 134. RCM-FNMT, Madrid. ISBN 978-84-89157-73-6
↑ "B.5. Muras ". En Balseiro García, A. et al. (2021-a-). Páxina 773.
↑ Núñez Meneses, P. (2016) . Páxinas 169, 176.
Véxase tamén
Bibliografía
Balseiro García, A. (coord.) (2001). Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo . Deputación de Lugo . ISBN 978-84-8192-573-9
Balseiro García, A. et al. (2021-a-). "Tesoros monetarios del Museo Provincial de Lugo: estudio y difusión ". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018) . Tomo II. RCM-FNMT , Madrid. Páxinas 763-781. ISBN 978-84-89157-85-9
Balseiro García, A. et al. (2021-b-). "Recorrido por la colección numismática del Museo Provincial de Lugo: programa de investigación y proyectos de divulgación ". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018) . Tomo II. RCM-FNMT , Madrid. Páxinas 593-598. ISBN 978-84-89157-85-9
Carnero Vázquez, M. O. (2015): “Os “Tesouriños” da colección numismática do Museo Provincial de Lugo”. En Férvedes. Revista de Investigación 8. Páxinas 439-444
Núñez Meneses, P. (2016). "Hallazgos inéditos de moneda medieval en Galicia ". En Cuadernos de Estudios Gallegos . LXIII. Nº 129. Páxinas 163-203.
Outros artigos