Terminator 3: A rebelión das máquinas (en inglés: Terminator 3: Rise of the Machines) é un filme de acción estadounidense dirixido por Jonathan Mostow que se estreou no 2003. Estreouse en galego na TVG o 20 de abril de 2011.[2]
Sinopse
Pasou unha década dende que John Connor (Nick Stahl) salvara á humanidade da destrución. Na actualidade John ten 20 anos e vive na clandestinidade: non hai ningunha proba documental da súa existencia. Así evita ser rastreado por Skynet (a sofisticada intelixencia artificial que unha vez intentou acabar coa súa vida). Pero, agora, dende o futuro, foi enviada a T-X (Kristanna Loken), a máquina destrutora cyborg máis desenvolvida de Skynet. A súa misión é completar o traballo que non puido rematar o seu predecesor, o T-1000. O T-X é unha máquina tan implacable como fermoso o seu aspecto humano. Agora a única esperanza de sobrevivir para Connor é un Terminator T-850 enviado pola resistencia humana.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas