Terapia intravenosa (IV) é unha vía de administración que consiste na inxección dunha agulla ou catéter contendo principios activos, vacinas ou hemoderivados nas veas periféricas, tipicamente nos membros superiores ou inferiores.
Non existe absorción nesta vía de administración, pois a menciña é introducida directamente na corrente sanguínea, non podendo así ser revertida. É un medio óptimo de administrar medicamentos, pola velocidade e eficiencia.[1]
É a vía de preferencia para fármacos que non poden ser aplicados por vía intramuscular ou subcutánea, cando o obxectivo é o inicio rápido de acción ou cando a vía oral non é posíbel por intolerancia á medicación (como vómitos ou dor de estómago) ou por condición que reduza a absorción do medicamento (como diarrea).
Notas
↑"Manual Merck". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2008. Consultado o 02 de xuño de 2020.