"Tennis the Menace" (en galego: "A ameaza do tenis") é o duodécimo episodio da duodécima temporada da serie de animación The Simpsons, estreado o 11 de febreiro de 2001.
Sinopse
A familia Simpson vai ver un concurso de talentos feita por internos do asilo do avó, que é quen a gaña. Tras isto, o avó vai con Homer a unha tenda de sepulturas. Pese ás peticións do avó, Homer decide non mercar nada e gastar os cartos que ía gastar en facer unha cancha de tenis.
A pista de tenis é construída no xardín. Os veciños de Springfield axiña van a xogar á casa dos Simpsons. Homer é un desastre xogando e fai perder sempre a Marge os partidos. Esta escoita a algúns veciños falando do mal que xogan, e decide pedirlle a Homer que adestre para que os veciños non se sigan burlando.
Porén, Homer abúrrese de xogar, e dille a Bart que o substitúa. Homer inscribe a el e a súa muller a un torneo, pero o día no que ten lugar ese torneo, Marge leva a Bart coma compañeiro en vez de levar a Homer. Isto fai que Homer se anoxe cos dous e que teña un soño de que Bart lograba matalo a el para casar con Marge.
Homer acode a Lisa para que lle diga que lle pasa e ela dille que sofre o síndrome de Edipo. Entón a Homer ocórreselle levar a Lisa a un novo torneo de tenis, o que fai que haxa un período de tensión entre a familia.
O día do novo torneo tócalles xogar ás dúas parellas, Bart e Marge contra Homer e Lisa. Non obstante, a rivalidade entre os dous fai que Marge e Homer substitúan as súas parellas por xogadoras profesionais, Venus e Selena Williams, que foran invitadas a ver ese torneo. Estas substitúen despois a Marge e a Homer por Pete Sampras e por Andre Agassi. A familia acaba sentada na bancada vendo un torneo entre estrelas do tenis e acaba reconciliándose.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas