A tempada 2023 foi a novena edición do Campionato de Galicia de Rallymix. Comezou o 6 de maio no Rallymix de Touro e rematou o 29 de outubro no Rallymix Concello de Barbadás.[1] En cada proba publícanse dúas clasificacións xerais, clase A para kartcross e clase B para turismos.