A tempada 2011 da NFL foi a 92ª edición da National Football League. A liga regular comezou o 8 de setembro de 2011 e rematou o 1 de xaneiro de 2012. Os playoffs comezaron o 7 de xaneiro de 2012 e remataron o 5 de febreiro de 2012 coa Super Bowl XLVI, que nesta ocasión tivo lugar no Lucas Oil Stadium de Indianápolis.
Tempada regular
Os vixentes campións, Green Bay Packers, acadaron o mellor rexistro de vitorias durante a tempada regular, con 15 encontros gañados e só 1 perdido. Por contra, é salientable a mala tempada regular que fixeron os Indianapolis Colts por mor da lesión da súa estrela, o quarterback Peyton Manning, precisamente o ano no que a Super Bowl terá lugar no Lucas Oil Stadium, fogar dos Colts.
Como decote, 6 equipos da cada conferencia acadaron o seu pase para os playoffs: os 4 líderes de división mais os restantes 2 mellores equipos de cada conferencia.
- Conferencia Americana
|
- Conferencia Nacional
|
Playoffs
Os New England Patriots acadaron o seu posto na Super Bowl deixando polo camiño ós Denver Broncos e ós Baltimore Ravens. Os New York Giants acadaron o seu posta na Super Bowl deixando polo camiño ós Atlanta Falcons, ós Green Bay Packers e ós San Francisco 49ers. Deste xeito, houbo unha repetición da Super Bowl da tempada 2006-07 entre New England Patriots e New York Giants, saíndo coma vencedores da Super Bowl XLVI os New York Giants.
Véxase tamén
Ligazóns externas