A Televisión Dixital Terrestre en Portugal é considerado un servizo público de radio e televisión en Portugal de titularidade do Estado. A súa xestión faise de forma direta polo propio Estado e dun xeito indirecto, a través das concesión administrativas aos particulares.
RTP1 é unha das canles de televisión de Portugal en aberto que pertence ao grupo de radiotelevisión pública RTP (Rádio e Televisão Portuguesa). Mux 56, 754 Mhz. Pública.
RTP2 é segunda canle de televisión da Rádio e Televisão de Portugal. Mux 56, 754 Mhz. Pública.
Sociedade Independente de Comunicação, en galego Sociedade Independente de Comunicación, (SIC) é unha canle de televisión de Portugal. Os comezos das súas emisións foron o 6 de outubro do ano 1992 como a primeira canle privada do país. Mux 56, 754 Mhz. Privada.
Televisão Independente (TVI), siglas de Televisão Independente (en galego, Televisión Independente) é unha canle de televisión de Portugal. As súas primeiras emisións foron o día 20 de febreiro do ano 1993 como a cuarta canle presente no país. Mux 56, 754 Mhz. Privada.