A especie foi definida en 1949 polo zoólogoneerlandésHenri Jacob Victor Sody en "Notes on some primates, carnívora and the babirusa from the Indo-Malayan and Indo-Australian regions". Treubia20: 121-190.[3]
Durante un tempo coñeceuse como Tarsius spectrum pelengensis, porque se pensou que era unha subespecie de Tarsius spectrum,[4] da veciña illa de Célebes (Sulawesi), pero Groves e Shekelle confirmaron no ano 2000 que se trataba dunha especie independente do xénero Tarsius.[5]
Catacterísticas
É un tarsio de moi pequeno tamaño: os adultos pesan uns 165 g.[6]
Morfoloxicamente é moi semellante a outros tarsios, pero Groves confirma que se trata dunha especie distinta.[7]
As súas vocalizacións mostran moitas similitudes superficiais obvias con Tarsius dentatus, e podería estar relacionado con esa especie.[1]
Hábitat e distribución
Tarsius pelengensis distribúese pola illa de Peleng, fronte as costas da península oriental da de Célebes, en bosquestropicais até unha altitude de 520 m.[8]
Hai informes, non confirmados, de que poden existir poboacións de Tarsius pelengensis noutras illas do arquipélago Banggai; de confirmárense estes informes, ampliaríase a área de distribución da especie.[1][6]
Esta especie non está ben estudada, e crese que vive en bosques primarios e secundarios, en selvas das terras baixas e en mangleiros.[1]
Costumes
Igual que outros tarsios, mostran adaptacións extremas para aferrarse verticalmente aos troncos de árbores e arbustos, e para saltar dunha planta a outra, no sotobosque de hábitats tropicais adecuados, a miúdo a 2 m do solo, ou menos.
Son nocturnos, sociais, que adoitan viviren en pequenos grupos, monógamos ou polígamos, formados por 2 a 6 exemplares.
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) en 2008 cualificou o status desta especie como EN (en perigo) debido a que habita soamente na illa de Peleng, con varios núcleos de poboacións fragmentados nunha área menor de 5.000 km², e crese que a poboación total está declinando continuamente pola degradación dos seus hábitats.[1]
↑Heri Jacob Victor Sody (1949): "Notes on some primates, carnivora and the babirusa from the Indo-Malayan and Indo-Australian regions". Treubia20: 121-190.
Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Primates of the World. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-6251-5.
Parker, Sybil P. (1990): Grzimek's Encyclopedia of Mammals. Volume 2. Nova York, NY, USA: McGraw-Hill Publishing Company. ISBN 0-0790-9508-9.
Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas, USA: Saunders College Publishing.
Walker, Ernest P. (1975): Mammals of the World, Third Edition, Volumes I & II. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-1657-2.
Wright, P. (2003): "Are Tarsiers Silently Leaping into Extinction?". pp. 296–308 en P. Wright, E. Simons & S. Gursky, eds. Tarsiers: The Past, Present, and Future. New Brunswick, New Jersey, USA: Rutgers University Press.