Tapia eta Leturia é un grupo de música folk do País Vasco, formado en 1984.
Membros
Historia
O grupo, formado orixinalmente polos músicos Joseba Tapia e Leturia en 1984. Desde 1986 ano no que apareceu o seu primeiro álbum, gravaron varios discos e realizaron distintas xiras internacionais. A primeira foi en 1992, na que recorreron o Reino Unido. En 1993 acompañaron a Negu Gorriak durante o Itxurakeriari Stop!! Hypocrisy Tour 93 en varias datas en Suíza e Alemaña, e con Rogelio Botanz no seu disco Tiempo.
Durante 1994 e 1996 fixeron unha xira polo Canadá, o que lles abriu as portas á edición de Dultzemenoa (o seu sexto álbum) neste país.
Coa incorporación de Arkaitz Miner (violín) e Txus Aranburu (piano) consolidáronse definitivamente como cuarteto.
Discografía
Álbums
- Euskadiko Trikitixa Txapelketa (IZ, 1986)
- Jo eta Hautsi (Elkar, 1987)
- Euskadiko Trikitixa Txapelketa (IZ, 1988)
- Tapiatarren Trikitixa (Elkar, 1989)
- Juergasmoan (Elkar, 1990)
- Dultzemenoa (Elkarn, 1992)
- Canada Tour (1996). Edición especial para o Canadá de Dultzemenoa.
- 1998 (Elkar, 1998). Dobre CD.
- Bizkaiko Kopla Zaharrak (Elkar, 1999)
- Hain zuzen (Gaztelupeko Hotsak, 2002)
Como Tapia eta Leturia Band
- Tapia eta Leturia Band (Elkar, 1995)
- Ero (Elkar, 1997)
Véxase tamén
Ligazóns externas