Tania Fernández García, nada en Lugo o 10 de xaneiro de 1992, é unha deportista galega que compite en piragüismo na modalidade de maratón.
Traxectoria
Gañou unha medalla de bronce no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón de 2018 na proba de K2, xunto Tania Álvarez Yates.[1][2]
En 2019 gañou unha prata no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón[3] e outra prata no Campionato Mundial, de novo xunto a Tania Álvarez en ambas ocasións.[4]
Palmarés internacional
Notas
Véxase tamén
Outros artigos