Tania Elizabeth Álvarez Yates, nada no Grove o 4 de outubro de 1994, é unha deportista galega que compite en piragüismo na modalidade de maratón.[1]
Traxectoria
Gañou unha medalla de bronce no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón de 2018 na proba de K2, xunto á lucense Tania Fernández García.[2]
En 2019 gañou unha prata no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón[3] e outra prata no Campionato Mundial, de novo xunto a Tania Fernández en ambas ocasións.[4]
Palmarés internacional
Notas
Véxase tamén
Outros artigos