O Tammerkoski (en suecoTammerfors ström) son uns rápidos situados entre os lagos Näsijärvi e Pyhäjärvi, na cidade de Tampere, Finlandia. A diferenza de altitude entre ambos lagos é de 18 metros e a auga corre dende o Näsijärvi ao norte ata o Pyhäjärvi, ao sur.[1] A cidade de Tampere comezou a construírse nas beiras do Tammerkoski, que son á súa vez unha das paisaxes industriais máis antigas de Finlandia, nas que se situán entre outras as factorías de Finlayson e Tampella. Na actualidade tan só a fábrica de cartónTako opera na beira do Tammerkoski. O Tammerkoski é unha das paisaxes nacionais de Finlandia.
Na beira oriental do Tammerkoski construíuse en 1986 o Sokos Hotel Ilves, de máis de 63 metros de altura.[2]
Pontes
A seguinte listaxe enumera todas as pontes sobre o Tammerkoski por orde dende o Nasijärvi ata o Pyhäjärvi, isto é, de norte a sur:
Patosilta, ponte para transporte lixeiro e peonil, completouse no ano 2000.
Hämeensilta, que forma parte de Hämeenkatu. A ponte actual foi construída en formigón armado e inaugurouse en 1929. No mesmo lugar houbo tamén unha ponte de madeira construída en 1807 , que foi substituído en 1884 por unha ponte de ferro.
Pasarela peonil do Tammerkoski. Inaugurada o 1 de xuño de 2018, permanecerá en funcionamento ata canto menos o ano 2021.[4]
As centrais de Tampella, Finlayson e Keskikoski son propiedade da cidade de Taampere.[6] A central de Alakoski pertence a Koskienergia Oy.[7]
A potencia combinada das centrais eléctricas do Tammerkoski é de aproximadamente 18 megavatios.[8]
Notas
↑Kallio, Katariina (26 de xaneiro de 2018). "TAMPERE CITY CENTRE"(en inglés). visittampere.fi. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2021. Consultado o 10 de abril de 2021.
↑Kahilaniemi, Sini & Jalovaara, Jukka & Ahonen, Markku & Ojaniemi, Asko & Virolainen, Jyri (2016). "Uusiutuvan energian kuntakatselmus: Tampere"(PDF)(en finés). Tampere: Cidade de Tampere. p. 6. Consultado o 10 de abril de 2021.