Tall Dwarfs é unha banda de rock de Nova Zelandia formada no ano 1981 por Chris Knox e Alec Bathgate, que foi unha das pioneiras do xénero lo-fi da música rock.[1] Os dous levaban tocando xuntos dende 1977, primeiro en The Enemy e despois en Toy Love.[2]
A banda non ten batería, pero usa obxectos domésticos e palmadas para actuar como percusión. Os dous membros poden tocar a guitarra, aparecendo habitualmente guitarra de 12 cordas e baixo nas súas gravacións. Tamén poden tocar o órgano, instrumento que usaron nalgunhas das súas cancións. Tamén usan con frecuencia o Casiotone, especialmente ao vivo.
A súa estrea foi o EP Three Songs (1981), e durante moitos anos só publicaron EPs. Weeville (1990) foi o seu primeiro álbum.[1] Porén, publicaron unha serie de compilacións completas dos seus EP, como Hello Cruel World e The Short and Sick of It.
No libreto do seu álbum 3 EPs (1994) pediron aos oíntes pistas rítmicas.[3] As respostas viñeron de moitos países diferentes e utilizáronse para o seguinte álbum, Stumpy (1997). Este álbum foi acreditado a "International Tall Dwarfs."
Entre os artistas que afirmaron estar influenciadas polos Tall Dwarfs inclúense Guided by Voices,[4] Jay Reatard,[4] Superchunk,[4] Elf Power,[4] Neutral Milk Hotel[5] e Olivia Tremor Control.[5] En 2005, fixeron un pequeno número de concertos nos Estados Unidos, tocando con Olivia Tremor Control.[6]
Discografía
Álbums
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Tall Dwarfs Songs, Albums, Reviews, Bio & More...". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-09-23.
- ↑ "Tall Dwarfs". Flying Nun (en inglés). Consultado o 2024-09-23.
- ↑ "International Tall Dwarfs - Stumpy". Discogs. Consultado o 23 de setembro de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "Tall Dwarfs announce 'Unravelled: 1981–2002' box set; full discography streaming for first time". BrooklynVegan. Consultado o 23 de setembro de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 Staff, Flavorwire (2009-06-15). "Nerd Alert: We’ll Take Any Excuse to Say Tall Dwarfs Are Awesome". Flavorwire (en inglés). Consultado o 2024-09-23.
- ↑ "Tall Dwarfs To Tour USA". NZ Musician. 2016-01-05. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2016. Consultado o 2024-09-23.
Véxase tamén
Ligazóns externas