TUI fly Nordic é unha aeroliña chárter sueca con sede en Estocolmo que forma parte do TUI Group. A compañía opera voos a destinos de lecer dende varios aeroportos nos países nórdicos no nome dos turoperadores TUI Danmark (Dinamarca), TUI Suomi (Finlandia), TUI Norge (Noruega) e TUI Sverige (Suecia).
Historia
A aeroliña fundouse orixinalmente en 1985 como Transwede Airways, operando tanto voos chárter como regulares a destinos por toda Europa. En 1996 a parte chárter da compañía pasou a mans do turoperador sueco Fritidsresor e foi renomeada como Blue Scandinavia. Tras a compra de Fritidsresor por Thomson en 1998, a aeroliña pasou a chamarse Britannia Airways. Despois de que Preussag (TUI) mercase o Thomson Group en 2000 a aeroliña pasou a chamarse TUI fly Nordic en 2005.[1]
En 2015 TUI Group anunciou que cinco das súa aeroliñas filiais serían renomeadas como TUI Airlines, aínda que mantendo os seus propios certificados de operadores aéreos, tomando un tres anos en completarse o proceso. En 2017 a meirande parte dos avións estaban repintados coa nova librea “Dynamic Wave” e co novo nome.[2]
Frota
En decembro de 2020 a frota de TUI fly Nordic estaba formada polos seguintes avións:[3]