Só na casa (en inglés: Home Alone) é un filme estadounidense dirixido por Chris Columbus que se estreou en 1990. Está protagonizado por Macaulay Culkin.
Sinopse
Kevin McAllister é un neno de oito anos, membro dunha familia numerosa, que accidentalmente queda esquecido na súa casa cando toda a familia se marcha a pasar as vacacións a Francia. Kevin aprende a valerse el só e mesmo a protexerse de Harry e Marv, dous ladróns que se propoñen roubar en tódolos fogares da súa rúa. En canto a súa nai o vote en falta, regresa apresuradamente a Chicago para recuperar ó seu fillo.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
- 1990: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor banda sonora orixinal e canción orixinal.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas