En gráficos por ordenador, síntese de vistas é unha tarefa que consiste de xerar imaxes dunha contorna ou escena desde un punto de vista específico, cando a única información dispoñíbel consiste nun conxunto de imaxes tomadas desde puntos de vista concretos.[1]
Tradicionalmente empregábase a fotogrametría como técnica de medición das dimensións de obxectos a partir dun conxunto de imaxes limitado. As aplicacións da fotogrametría eran maiormente a cartografía, arquitectura, o control de estruturas e a planificación urbanística.