Síndrome de dificultade respiratoria neonatal

Síndrome de dificultade respiratoria neonatal
Clasificación e recursos externos
ICD-10P22
ICD-9769
OMIM267450
DiseasesDB6087
MedlinePlus001563
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A síndrome de dificultade respiratoria neonatal (SDRN) é un trastorno entre os neonatos prematuros, cuxos pulmóns non están completamente maduros, de tal xeito que canto máis baixa é a idade xestacional máis probabilidades teñen de padecer a doenza.

O SDRN é o trastorno respiratorio máis adoito nos neonatos prematuros. O comezo da atención prenatal con esteroides para a aceleración da madurez pulmonar e o desenvolvemento de surfactante exóxeno, poden supoñer unha notable mellora nos resultados dos pacientes afectados con SDRN.[1]

Etioloxía

As causas máis frecuentes de distrés respiratorio nos neonatos inclúen:

  • Doenza da membrana hialina: insuficiencia na produción do surfactante pulmonar e falta de desenvolvemento pulmonar.
  • Taquipnea transitoria do neonato ou pulmón húmido: a persistencia de líquido nos alvéolos pulmonares despois do nacemento.
  • Síndrome de aspiración de meconio: a broncoaspiración neonatal das primeiras feces do bebé ou líquido meconial.

Outras causas inclúen as complicacións dunha pneumonía e dun neumotórax.

Patoxenia

Os pulmóns inmaturos non producen suficiente cantidade de surfactante pulmonar -unha substancia tensioactiva que reviste os pequenos sacos aéreos (alvéolos) dos pulmóns e que permiten que estes se manteñan abertos e non colapsen. Se estes diminutos sacos non se abren con facilidade, os pulmóns non poden encherse de aire e facer chegar o osíxeno necesario ó torrente sanguíneo; isto para o caso do déficit de surfactante como en prematuros ou o a enfermidade de membranas hialinas, no caso de taquipnea transitoria do recentemente nado (RN) a etioloxía é a falta de reabsorción do líquido pulmonar, xeralmente pasa nas cesáreas sen traballo de parto. A taquipnea transitoria do RN é a causa máis frecuente de SDRN.

Notas

  1. Rodriguez RJ, Martin RJ, and Fanaroff, AA.