Símbolo

Símbolos das principais relixións monoteístas : xudaísmo, o cristianismo e islam.

O termo símbolo, con orixe no grego súmbolon, designa un elemento representativo (realidade visíbel) que está no canto de algo (realidade invisíbel) que tanto pode ser un obxecto coma un concepto ou idea, determinada cantidade ou calidade. O "símbolo" é un elemento esencial no proceso de comunicación, encontrándose difundido no día a día e nas máis variadas vertentes do saber humano. Así a todo, existen símbolos que son recoñecidos internacionalmente, outros só son comprendidos dentro dun determinado grupo ou contexto (relixioso, cultural etc.).

A representación específica para cada símbolo pode xurdir como resultado dun proceso natural ou pode ser unha convención de modo en que o receptor (unha persoa ou grupo específico de persoas) consiga facer a interpretación do seu significado implícito e atribuírlle determinada conotación.

Pode tamén estar máis ou menos relacionada fisicamente co obxecto ou idea que representa, podendo non só ter representación gráfica ou tridimensional senón taménm sonora ou mesmo xestual.

A semiótica é a disciplina que se ocupa do estudo dos símbolos, do seu proceso e sistema en xeral. Outras disciplinas especifican metodoloxías de estudo, como a semántica, que atende ó simbolismo na linguaxe, ou sexa, as palabras, ou a psicanálise, que, entre outros aspectos, se centra na interpretación do simbolismo nos soños.

Definicións

  1. O símbolo é unha representación convencional dun obxecto, idea, concepto ou cualidade. Un exemplo de símbolo acontece cando relacionamos unha pomba branca coa paz.
  2. Símbolo matemático. Aquel que representa un número, unha cantidade, unha operación... etc. O símbolo "+" indica unha operación matemática de adición.
  3. Simbolo químico. Na química, letra ou letras que designan a un elemento. H é o símbolo químico do hidróxeno.

Características dos símbolos e signos

Colocar lixo no recipiente apropiado

Entre signos e símbolos hai diferenzas:

  • Os signos poden ser comprendidos polos seres humanos e os animais; os símbolos non.
  • Os signos sinalan; son específicos dun cometido ou unha circunstancia. Os símbolos teñen un significado máis amplo e menos concreto. Ambos son institucións.
  • No caso dos símbolos poden aparecer como os orixinais aos que aluden, e poden ser entendidos sen explicacións.

Os signos e símbolos, sen semellanza física coa información que representan, posúen significados unicamente por un acordo social. Os signos son menos complicados cós símbolos. Sexa un debuxo ou un aceno, os signos cobran forma visible para expresar unha idea. Xa que logo, a miúdo os signos dirixen ao receptor cara a unha solución.

Os símbolos poden compoñerse de información realista, extraídas da contorna, fácil de recoñecer, ou tamén por formas, tons, cores, texturas..., elementos visuais básicos que non gardan ningunha similitude cos obxectos da contorna natural. Non posúen ningún significado, excepto o que se lles asigna. Existen moitas formas de clasificar os símbolos; poden ser simples ou complicados, obvios ou escuros, eficaces ou inútiles. O seu valor pódese determinar segundo penetren na mente pública en termos de recoñecemento e memoria.

Símbolo científico-técnico

No ámbito científico e técnico, o símbolo é unha abreviación constituída por signos ou letras que difiren da abreviatura por carecer de punto. Tal é o caso dos símbolos químicos (ex. C, O, H20, C4H10), matemáticos (ex. ), as unidades (ex. m, kg, os puntos cardinais (ex. N, O), os símbolos de moedas (ex. $, ) etcétera, cuxo fin fundamental é simplificar a escrita e a trasmisión das ideas e o coñecemento.

Símbolo nacional

Os símbolos nacionais son aqueles que un país adopta para representar os seus valores, metas, historia ou riquezas e mediante os cales identifícase e distingue dos demais, ademais de aglutinar en torno a eles aos seus cidadáns e crear un sentimento de pertenza. Os símbolos nacionais por excelencia son a bandeira e as cores nacionais, o escudo de armas e o himno. A eles engádense en ocasións outros emblemas como pode ser unha planta, animal ou obxecto asociado intimamente co país.

Símbolo relixioso

A representación de ideas abstractas mediante símbolos é de orixe oriental. Ó longo da historia, a fe estivo ligada a unha serie de símbolos significativos. Nas sociedades primitivas, os símbolos e os tótem serven para expresar as calidades esenciais da fe. Só os xudeus e os musulmáns prohiben as imaxes na adoración. En lugar diso, subliñan a palabra e a necesidade dunha cultura escrita para a participación da oración. Neste contexto dominado polo oral xurdiu o cristianismo. O Antigo Exipto é o primeiro pobo que practicou este costume, pois a súa escrita é xeroglífica, a súa mitoloxía figurada (cada unha das divindades representa un aspecto do deus supremo) e as súas manifestacións artísticas son simbólicas. Igualmente nas formas exteriores das relixións semíticas como a asiria e fenicia, na hindú e nas indoeuropeas, como a greco-latina, impera o símbolo pois nelas deuse a representación dos fenómenos da natureza personificados en seres mitolóxicos que terminaron por encarnar os valores morais da sociedade.

O peixe como símbolo dos antigos cristiáns: IKHTHYS, peixe en grego, representa "Iesous Khristós Theou Yós Soter" (Xesús, Cristo, Fillo de Deus, Salvador) (igrexa de San Vicenzo de Noal, Porto do Son, A Coruña).

Por San Clemente de Alexandría sabemos que os símbolos, que profusamente ornamentaban as catacumbas e que posteriormente se viron reproducidos na pintura e a escultura, xa eran utilizados polos cristiáns no século II, adornando aneis, medallas etc. co propósito de recoñecerse entre si obrigados ao segredo que a persecución impoñía aos primeiros cristiáns. Entre outros empregábanse símbolos de unión ou reunión coma os peixes de bronce ou cristal atopados nas catacumbas de Roma e que se entregaban ós bautizados para que os levasen colgados do pescozo. Tamén era costume que os viaxeiros que recibiran hospitalidade nunha casa rompesen un símbolo e deixasen a metade do mesmo de modo que, se repetisen a visita, ou o fixesen os seus descendentes, se repetise a hospitalidade; tal é o uso que debían ter as moedas partidas que con frecuencia adoitan atoparse.

Á marxe destes símbolos convencionais, tiveron outros ós que a Igrexa deu moita importancia. O principal foi o símbolo dos Apóstolos, que pretendía proporcionar unha sucinta guía ó cristián sobre as verdades reveladas e para que os fieis puidesen cambiar un contrasinal entre si que os distinguise dos herexes; deste xeito se por calquera causa cambiaban de congregación podían ser recoñecidos como cristiáns ortodoxos se recitaban o símbolo. A igrexa primitiva prohibía entregalo por escrito para evitar que caese en mans dos infieis, de modo que os crentes debían aprendelo de memoria.

A arte figurativa adoptou estes símbolos para representar, en ocasións desprovistos xa de carácter relixioso ou mitolóxico, atributos ou calidades e ata determinadas manifestacións da actividade humana aos que foi engadindo outros cando foi necesario aínda que ó principio debedores das manifestacións relixiosas anteriores que constituían o patrimonio cultural común.

O símbolo como figura estilística

O símbolo é un recurso estilístico. No poema de Rosalía de Castro "Un repoludo gaiteiro" (pertencente a Cantares Gallegos), "palomas" e "luz" son metáforas, sendo ademais "luz" tamén un símbolo:

pobres palomas, buscaban
a luz que as ía queimar

As "palomas" (pombas) identifícase co concepto de 'doncela'. A "luz", símbolo de vida e destrución, identifícase co gaiteiro.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Francesco Maria Tarugi (27 Agustus 1525 – 11 Juni 1608) adalah seorang kardinal asal Italia. Ia berasal dari keluarga bangsawan. Pranala luar http://webdept.fiu.edu/~mirandas/bios1596.htm#Tarugi Diarsipkan 2016-03-07 di Wayback Machine.

 

Lúcio Informasi pribadiNama lengkap Lucimar Ferreira da SilvaTanggal lahir 8 Mei 1978 (umur 45)Tempat lahir Brasília, BrasilTinggi 1,88 m (6 ft 2 in)Posisi bermain BekKarier junior1996 CR GuaráKarier senior*Tahun Tim Tampil (Gol)1998–2000 Internacional 49 (6)2001–2004 Bayer Leverkusen 92 (15)2003[1] Bayer Leverkusen II 1 (0)2004–2009 Bayern Munich 144 (7)2009–2012 Inter Milan 96 (3)2012 Juventus 1 (0)2013 São Paulo 10 (1)2014–2015 Palmeiras 21[2&...

 

Artikel ini bukan mengenai Zapatismo. Bagian dari seriSosialisme Perkembangan Sejarah sosialisme Perdebatan kalkulasi sosialis Ekonomi sosialis Gagasan Penghitungan dalam barang Kepemilikan kolektif Koperasi Kepemilikan bersama Demokrasi ekonomi Perencanaan ekonomi Kesetaraan kesempatan Asosiasi bebas Demokrasi industri Model masukan-keluaran Internasionalisme Kupon kerja Keseimbangan material Ekonomi sejawat ke sejawat(Ekonomi berbagi) Produksi untuk penggunaan Kepemilikan negara Manajemen m...

SirPonnambala Thiaga Rajan Anggota Majelis Legislatif Madras untuk CumbumMasa jabatan1952–1957Perdana MenteriChakravarti Rajagopalachari,K. KamarajGubernurSri Prakasa,A. J. John, AnaparambilKetua Menteri Kepresidenan Madras 8Masa jabatan4 April 1936 – 24 Agustus 1936GubernurJohn Erskine, Lord Erskine, Kurma Venkata Reddy Naidu (pelaksana jabatan) PendahuluRaja dari BobbiliPenggantiRaja dari Bobbili Informasi pribadiLahir12 April 1892UthamapalayamMeninggal25 September 1974(197...

 

جاك أنغيل (بالإنجليزية: Jack Angel)‏  معلومات شخصية الميلاد 24 أكتوبر 1930   موديستو[1]  الوفاة 18 أكتوبر 2021 (90 سنة) [2]  ماليبو  مواطنة الولايات المتحدة  عدد الأولاد 3   الحياة العملية المدرسة الأم جامعة سان فرانسيسكو الحكومية  المهنة مؤدي أصوات،  وممثل م...

 

Converted passenger jet Caesar's Chariot Caesar's Chariot showing Led Zeppelin's Swan Song Records logo on the tailfin Type Boeing 720 Manufacturer Boeing Construction number 18077 Manufactured December 12, 1961 Registration N7224U First flight January 16, 1962 Owners and operators United Airlines Caesars Palace Hotel and CasinoLed Zeppelin Fate Dismantled for parts[1] Caesar's Chariot was a former United Airlines Boeing 720 passenger jet which was chartered by English rock band Led Z...

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Februari 2023. Tim basket putra universitas Villanova merupakan tim bolabasket perguruan tinggi yang mewakili Universitas Villanova yang berkompetisi di Big East Conference bolabasket perguruan tinggi NCAA Divisi I. Musim pertama mereka di musim kompetisi 1920-1921....

 

Basilika Santo Antonius dari Padua, Istanbul Ini adalah daftar basilika di Turki. Katolik Daftar basilika Gereja Katolik di Turki[1]: Basilika-Katedral Roh Kudus, Istanbul Basilika Santo Antonius dari Padua, Istanbul Lihat juga Gereja Katolik Roma Gereja Katolik di Turki Daftar katedral di Turki Daftar basilika Referensi ^ Basilika di seluruh dunia lbsDaftar basilika di AsiaNegaraberdaulat Afganistan Arab Saudi Armenia1 Azerbaijan1 Bahrain Bangladesh Bhutan Brunei Filipina Georgia1 In...

 

Obverse and reverse of a 3d note of paper currency issued by the Province of Pennsylvania and printed by Benjamin Franklin and David Hall in 1764. A 8s Pennsylvania note issued in 1777. The pound was the currency of Pennsylvania until 1793. It was created as a response to the global economic downturn caused by the collapse of the South Sea Company.[1] Initially, sterling and certain foreign coins circulated, supplemented from 1723 by local paper money, colonial scrip. Although these n...

AngeloAutoreRaffaello Sanzio Data1500-1501 TecnicaOlio su tavola trasportato su tela Dimensioni31×27 cm UbicazionePinacoteca Tosio Martinengo, Brescia Angelo è un dipinto a olio su tavola trasportato su tela (31x27 cm) di Raffaello, databile al 1500-1501 e conservato nella Pinacoteca Tosio Martinengo a Brescia. Si tratta di uno dei frammenti della Pala Baronci. Indice 1 Storia 2 Descrizione e stile 3 Bibliografia 4 Voci correlate 5 Collegamenti esterni Storia La pala eseguita per la ca...

 

Хип-хоп Направление популярная музыка Истоки фанкдискоэлектронная музыкадабритм-энд-блюзреггидэнсхоллджаз[1]чтение нараспев[англ.]исполнение поэзииустная поэзияозначиваниедюжины[англ.]гриотыскэтразговорный блюз Время и место возникновения Начало 1970-х, Бронкс, Н...

 

SMA Elite Sampul bukuPengarangHilman, Boim, GusurIlustratorPiet OmpongNegaraIndonesiaBahasaIndonesiaSeri2GenreDrama KomediPenerbitPT. Gramedia Pustaka UtamaTanggal terbitSeptember 1993Jenis mediaSoft CoverHalaman182ISBNISBN 979-511-832-3Didahului olehSohib Gaib(1992) Diikuti olehMimpi Full Colour(1998)  SMA Elite adalah buku seri Lulu yang ke 2 karya Hilman Hariwijaya, Boim LeBon dan Gusur Adhikarya, yang dirilis pada bulan September 1993.Buku ini memuat 10 cerit...

P. J. Byrne al San Diego Comic-Con International 2012 Paul Jeffrey Byrne, detto P.J. (Maplewood, 15 dicembre 1974), è un attore statunitense. Indice 1 Biografia 2 Filmografia 2.1 Attore 2.1.1 Cinema 2.1.2 Televisione 2.2 Doppiatore 3 Doppiatori italiani 4 Riconoscimenti 5 Altri progetti 6 Collegamenti esterni Biografia Nato a Maplewood in New Jersey, dopo aver recitato in numerose serie televisive, si ricordano soprattutto i suoi ruoli in serie come The Game dove interpreta il ruolo di Irv G...

 

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (ديسمبر 2018) مانويل مارينغو معلومات شخصية الميلاد 16 يوليو 1973 (العمر 50 سنة)ليما  الطول 1.85 م (6 قدم 1 بوصة) مركز اللعب مدافع الجنسية بيرو  مسيرة الشباب سنوات فري�...

 

King NothingSingel oleh Metallicadari album LoadSisi-BAin't My Bitch (live)Dirilis7 January 1997[1]FormatCD singlecassetteDirekamMei 1995 – Februari 1996 di The Plant Studios, in Sausalito, CaliforniaGenreHeavy metalDurasi5:28LabelElektraPenciptaJames HetfieldLars UlrichKirk HammettProduserBob RockJames HetfieldLars UlrichKronologi singel Metallica Mama Said (1996) King Nothing (1997) The Memory Remains (1997) Video musikKing Nothing di YouTube King Nothing merupakan salah satu sing...

Giuseppe GandiniNazionalità Italia Calcio RuoloAttaccante, centrocampista Termine carriera1932 CarrieraSquadre di club1 1920-1921 Valenzana? (?)1921-1932 Alessandria222 (16) Nazionale 1925-1928 Italia6 (0) 1 I due numeri indicano le presenze e le reti segnate, per le sole partite di campionato.Il simbolo → indica un trasferimento in prestito.   Modifica dati su Wikidata · Manuale Giuseppe Gandini (Alessandria, 18 marzo 1900 – Alessandria, 15 ottobre 1989) è sta...

 

هذه المقالة تحتاج للمزيد من الوصلات للمقالات الأخرى للمساعدة في ترابط مقالات الموسوعة. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة وصلات إلى المقالات المتعلقة بها الموجودة في النص الحالي. (أغسطس 2023) هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة �...

 

Masjid Fatih IstanbulFatih İstanbul CamiiAgamaAfiliasiIslam – SunniProvinsiIstanbulLokasiLokasiFatihNegara TurkiArsitekturArsitekAtik Sinan, Mimar Mehmet TahirTipeMasjidGaya arsitekturTurki dengan sedikit sentuhan arsitektur UtsmaniyahDidirikan550 dengan rincian: Gereja Bizantium (sejak tahun 550–1463) Masjid (sejak tahun 1463–sekarang) SpesifikasiKubah1Menara2 Masjid Fatih Istanbul (bahasa Turki: Fatih İstanbul Camii) (bahasa Indonesia: Masjid Kemenangan Istanbul) adalah seb...

Wikimedia list page This is a dynamic list and may never be able to satisfy particular standards for completeness. You can help by adding missing items with reliable sources. This is a list of things named after Bangabandhu Sheikh Mujibur Rahman, founding leader of Bangladesh, the first and fourth President and second Prime Minister of the country (1971–1975).[1] This list includes proposed name changes. Agencies Bangabandhu Aeronautical Centre in Dhaka Bangabandhu Hi-Tech City in G...

 

Japanese rice dish topped with tuna sashimi This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Tekkadon – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (May 2017) (Learn how and when to remove this message) Tekkadon Tekkadon (鉄火丼), a type of donburi, is a Japanese rice dish topped with thin-sliced raw tuna ...