Século V
século IV < século V > século VI
Hemisferio Oriental a finais do século V d.C.
Período de tempo dende o ano 401 ata o ano 500 da era cristiá .
Acontecementos importantes
Galiza
Europa
406 : a fronteira oriental do Imperio Romano de Occidente colapsa cando hordas de suevos , alanos e vándalos cruzan o río Rin , entón conxelado, preto de Maguncia e entran na Galia e despois en Hispania .
407 : Constantino III dirixe un exército militar romano dende Britania ata a Galia e ocupa Arles . Isto é visto xeralmente como a retirada de Britania dos romanos.
410 : Roma é saqueada polos visigodos liderados polo rei Flavio Alarico I .
412 : o rei alano Ataces conquista Augusta Emérita e establécea como capital da súa corte.
413 : Santo Agostiño, bispo de Hipona , comeza a escribir De Civitate Dei .
Arredor do 440 , os anglos , xutos e saxóns instálanse na Britania .
451 : os hunos ao mando de Atila enfróntanse aos romanos e aos visigodos e son derrotados na batalla dos Campos Cataláunicos .
452 : o papa León I reúnese en persoa con Atila no río Mincio e convénceo para que non saquee de novo Roma .
453 : morte de Atila . O Imperio Huno está dividido entre os fillos de Atila.
454 : prodúcese a batalla de Nedao , onde un exército combinado de xépidos e ostrogodos vence ao exército huno do fillo de Atila Elac .
461 : a frota vándala destrúe totalmente a frota romana na batalla de Cartaxena .
469 : morre Dengizic , o último khan do Imperio Huno .
472 : morre Flavio Ricimer , fillo de Flavio Requila e gobernante de facto do Imperio Romano de Occidente , alcumado o "Facedor de Emperadores".
476 : deposición de Rómulo Augústulo por Odoacro , rei dos hérulos , marca a data tradicional da caída do Imperio Romano de Occidente .
480 : asasinan a Xulio Nepote , o último emperador de iure do Imperio Romano de Occidente , en Dalmacia .
481 : Flavio Clodoveo I convértese en rei dos francos occidentais ao morrer Khilderico I .
493 : Flavio Teodorico o Grande , rei dos ostrogodos , asasina a Flavio Odoacro e é proclamado rei de Italia .
496 : Flavio Clodoveo I vence aos alamáns na batalla de Tolbiac .
Oriente
África
Asia
América
Personaxes destacados
Invencións e descubrimentos