Syrna (en grego: Σύρνα) ou Sirna é unha pequena illa duns 4 km² de superficie ao sur-este de Astypalaia no grupo de illas do Dodecaneso en Grecia preto da costa sur-oeste de Turquía. Está cuberta de enebro e matorrales. Os poucos habitantes adicanse a cría de gando, a pesca e a agricultura. A illa é importante para as aves migratorias e para a cría de rapaces. Incluíndo Pardela cincenta, pardela mediterránea e Falcóns.[1]
Un naufraxio da época romana tardía (século 2 EC) atopouse con tecnoloxía sonar preto da illa polo Centro Helénico de Investigacións Mariñas en 2000.[2]
O 8 de decembro de 1946, a nave Athina Rafiah que levaba inmigrantes xudeus a Palestina naufragou na baía Agiou Soassin, na costa sur de Syrna, e máis de 700 sobreviventes chegaron as praias da illa. O dragaminas británico HMS Providence, en colaboración co HMS Chevron, o Temístocles HHMS e o Aegean HHMS lograron rescatar aos sobreviventes.[3]