Susan La Flesche Picotte

Modelo:BiografíaSusan La Flesche Picotte

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xuño de 1865 Editar o valor en Wikidata
Reserva india Omaha, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte18 de setembro de 1915 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Walthill, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo omaha e Pobo ponca Editar o valor en Wikidata
EducaciónWomen's Medical College de Pensilvania - doutor en medicina (–1889)
Universidade de Pensilvania
Instituto Hampton
Universidade de Virxinia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédica, mestra Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJoseph LaFlesche Editar o valor en Wikidata
IrmánsSusette La Flesche
Marguerite La Flesche
Francis La Flesche Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNative American Women: A Biographical Dictionary Editar o valor en Wikidata
WikiTree: La_Flesche-2 Find a Grave: 54038381 Editar o valor en Wikidata

Suzanne LaFlesche Picotte, nada na reserva india Omaha o 17 de xuño de 1865 e finada en Walthill, Nebrasca o 18 de setembro de 1915, foi unha doutora omaha. É coñecida por ser a primeira muller nativo americana en ser físico.[1] Estaba a prol da saúde pública e pola cesión formal e legal de terras ós membros da súa tribo.

Traxectoria

Foi a máis nova de catro irmáns, a súa nai Waoo-Winchatcha (Mary Gale) era medio francesa e medio omaha e o seu pai Joseph LaFlesche, Iron Eye /Ollo de Ferro, tamén medio omaha, é considerado o último xefe omaha.[2]

Estudou na escola da reserva e despois foi estudar ao Instituto Hampton, en Hampton (Virxinia) e logo no Colexo Médico da Muller de Pensilvania. Licenciouse en marzo de 1889 e regresou á reserva para traballar como médica.

Picotte foi unha activa reformista social así como unha físico. Traballou para reducir o consumo de alcohol na reserva onde traballou. Picotte tamén combateu para erradicar a tuberculose como parte dunha campaña de saúde pública na reserva. Tamén axudou ós omaha a lidar coa burocracia da Oficina de Asuntos Indios.

Casou con Henry Picotte en xuño de 1894 e tiveron dous fillos. Un hospital de Walthill leva o seu nome, na súa honra: Dr LaFlesche Picotte Memorial Hospital.[3]

Notas

  1. Tong (1999), 87
  2. "Changing the Face of Medicine - Susan La Flesche Picotte". cfmedicine.nlm.nih.gov. Consultado o 2024-08-07. 
  3. "La primera doctora amerindia, Suzanne LaFlesche Picotte (1865-1915)". 2016-10-27. Consultado o 2024-08-07. 

Véxase tamén

Bibliografía