O Chelsea proclamouse campión tras vencer por 6–5 nos penaltis[5] despois dun empate a 1 que se mantivo durante o tempo extra, logrando a súa segunda Supercopa de Europa.[3]
O 28 de setembro de 2018 abriuse o proceso de selección da UEFA para escoller as sedes das finais da UEFA Champions League, UEFA Europa League e mais a UEFA Champions League Feminina de 2021. As asociacións tiveron ata o 26 de outubro de 2018 para manifestar o seu interese e ata o 15 de febreiro de 2019 para presentar os seus expedientes.
A UEFA anunciou o 1 de novembro de 2018 que catro asociacións expresaran o seu interese en albergar a Supercopa 2021,[6] e o 22 de febreiro de 2019 que as catro asociacións presentaran os seus expedientes dentro do prazo estabelecido.[7][8]
O Chelsea abriu o marcador tras 27 minutos de partido cando Hakim Ziyech conseguiu anotar na porteria un disparo dende sete metros grazas a un centro baixo desde a esquerda de Kai Havertz. Ziyech tivo que ser substituído por mor dunha mancadura no ombro xusto antes do descanso. Alberto Moreno lanzou unha volea á parte inferior do traveseiro no tempo extra da primeira parte. O Villarreal logrou empatar no minuto 73 cando Gerard Moreno marcou un gol cun remate clínico coa dereita á esquina superior esquerda da rede tras un lanzamento rápido de Boulaye Dia na dereita da área de penalti.[11]
O encontro rematou indo a prórroga. O porteiro do Chelsea Édouard Mendy foi substituído no último minuto por Kepa Arrizabalaga. Kepa Arrizabalaga parou dous penaltis: o decisivo, tirado por Raúl Albiol abaixo e á dereita, permitiu ao Chelsea gañar por 6-5 na quenda de penaltis, proclamándose Supercampión de Europa.[5]
↑Cada equipo tivo só tres oportunidades para facer substitucións durante o tempo regulamentario, cunha cuarta oportunidade no tempo extra. Estas tres ventás de substitución exclúen as substitucións feitas no descanso, antes do comezo do tempo extra e no descanso no tempo extra.