Está situado nunha antiga mina baixo o Monte Ikeno, Xapón central, a 1000 m de profundidade. O detector está encastrado nun tanque cilíndrico de 41,4 m de altura de aceiro inoxidable. No seu interior hai 50 000 toneladas de auga ultra pura, cuns 13 000 fotosensores, burbullas douradas que detectan o resplandor das explosións de luz producida polos neutrinos que pasan ó seu través.