O Sultán de Brunei é o xefe de Estado e monarca absoluto de Brunei. É tamén o xefe de goberno na súa condición de Primeiro Ministro de Brunei.[1] Dende a independencia de Brunei dos británicos en 1984, só reinou un Sultán, aínda que a institución data do século XIV.
O Sultán de Brunei pode ser considerado como sinónimo da gobernante Casa de Bolkiah, con xeracións que poden ser trazadas dende o primeiro sultán, temporalmente interrompido polo 13º sultán, Abdul Hakkul Mubin, que á súa vez foi deposto por un membro da Casa de Bolkiah. O título completo do Sultán é: A Súa Maxestade O Sultán e Yang Di-Pertuan de Brunei Darussalam.[1]
Sultáns
Sultáns De Brunei dende 1368:
Nº
|
Nome
|
Inicio do reinado
|
Fin do reinado
|
Notas
|
1
|
Muhammad Shah / Awang Alak Betatar
|
1368[2]
|
1402
|
Estabelecido o Sultanato.[2]
|
2
|
Ahmad / Awang Pateh Berbai
|
1408
|
1425
|
|
3
|
Sharif Ali / Sultan Barkat (Sultán Bendicido)
|
1425
|
1432
|
Non ten relación xenealóxica directa co seu predecesor, mais foi seleccionado por ser xenro do anterior sultán (Ahmad) e estar moi versado no islam.
|
4
|
Sulaiman
|
1432
|
1485
|
Fillo do anterior sultán, Sharif Ali. Abdicou no seu fillo Bolkiah.
|
5
|
Bolkiah / Nakhoda Ragam (O Capitán de Canto)
|
1485
|
1524
|
Fillo do anterior sultán, Sulaiman.
|
6
|
Abdul Kahar
|
1524
|
1530
|
Fillo do anterior sultán, Bolkiah
|
7
|
Saiful Rijal
|
1533
|
1581
|
Sobriño e fillo adoptado do anterior sultán, Abdul Kahar. Estalou a Guerra hispano-bruneana entre España e Brunei.
|
8
|
Shah Berunai
|
1581
|
1582
|
Fillo máis vello do Sultán Saiful Rijal
|
9
|
Muhammad Hassan
|
1582
|
1598
|
Irmán máis novo de Shah Berunai.
|
10
|
Abdul Jalilul Akbar
|
1598
|
1659
|
|
11
|
Abdul Jalilul Jabbar
|
1659
|
1660
|
|
12
|
Muhammad Ali
|
1660
|
1661
|
Esganado polo seu sucesor Abdul Hakkul Mubin, iníciase a Guerra civil de Brunei.
|
13
|
Abdul Hakkul Mubin
|
1660
|
1673
|
Iniciou a Guerra civil de Brunei. por matar o seu predecesor Muhammad Ali e foi á súa vez matado por Muhyiddin que o sucedeu como Sultán.
|
14
|
Muhyiddin
|
1673
|
1690
|
Fillo de Abdul Jalilul Akbar quen vingou a morte do seu sogro Muhammad Ali asasinando a Abdul Hakkul Mubin, e pondo fin á Guerra civil de Brunei.
|
15
|
Nasruddin
|
1690
|
1710
|
|
16
|
Hussin Kamaluddin
|
1710
|
1730
|
Primeiro dos seus dous reinados
|
17
|
Muhammad Alauddin
|
1730
|
1737
|
Instruíu a Datu Imam Yaakub para escribir o Silsilah Raja-Raja Berunai, a xenealoxía dos Sultáns de Brunei
|
16
|
Hussin Kamaluddin
|
1737
|
1740
|
Segundo dos seus dous reinados
|
18
|
Omar Ali Saifuddin I
|
1740
|
1778
|
|
19
|
Muhammad Tajuddin
|
1778
|
1807
|
Ordenou a Khatib Abdul Latif as inscricións do Batu Tarsilah
|
20
|
Muhammad Jamalul Alam I
|
1804
|
1804
|
|
21
|
Muhammad Kanzul Alam
|
1807
|
1826
|
|
22
|
Muhammad Alam
|
1826
|
1828
|
|
23
|
Omar Ali Saifuddin II
|
1828
|
1852
|
Brunei cedeu algúns territorios de Sarawak a James Brooke. Brunei cedeu Labuan aos británicos.
|
24
|
Abdul Momin
|
1852
|
29 de maio de 1885
|
Brunei cedeu a parte noroeste de Borneo aos británicos. En 1884 produciuse a declaración de Amanat, que xuraba non ceder máis territorios de Brunei a poderes estranxeiros.
|
25
|
Hashim Jalilul Alam Aqamaddin
|
29 de maio de 1885
|
10 de maio de 1906
|
Reino Unido estabeleceu un protectorado sobre Brunei en 1888.
|
26
|
Muhammad Jamalul Alam II
|
10 de maio de 1906
|
11 de setembro de 1924
|
Morreu tras un gromo de malaria así como tres membros da súa familia.
|
27
|
Ahmad Tajuddin
|
11 de setembro de 1924
|
4 de xuño de 1950
|
Produciuse a ocupación xaponesa de Brunei.
|
28
|
Omar Ali Saifuddien III
|
4 de xuño de 1950
|
5 de outubro de 1967
|
Asinouse a Constitución de Brunei de 1959. Abdicou voluntariamente en prol do seu fillo maior, Hassanal Bolkiah. Converteuse no primeiro Ministro de Defensa de Brunei despois da independencia de 1984.
|
29
|
Hassanal Bolkiah
|
5 de outubro de 1967
|
Presente
|
Brunei recobrou a independencia do Reino Unido en 1984.
|
Incertezas
O rexistro histórico máis antigo dos sultáns de Brunei non é claramente coñecido debido á mala documentación inicial da historia de Brunei. Moitos dos membros máis vellos da casa de Bolkiah aseguran que os seus antepasados foron BaHassan e BaAlawi Saadah de Tarim e Hadhramawt no Iemen. Ademais, houbo un intento de "islamizar" a historia e a "historia oficial" non coincide con fontes estranxeiras verificables. O Batu Tarsilah, o rexistro xenealóxico dos reis de Brunei, non comezou ata o ano 1807.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos