Streetcleaner é o primeiro álbum de estudio da banda inglesa de metal industrial Godflesh, publicado o 13 de novembro de 1989 a través do selo Earache Records. O traballo foi reeditado cun segundo disco de material inédito o 21 de xuño de 2010. O álbum foi amplamente aclamado polos críticos e adoita a ser citado como un fito do metal industrial; aínda que non é o primeiro lanzamento do xénero, Streetcleaner axudou a definir no que se convertería o metal industrial.
Gravado en tres sesións distinta e parcialmente refinado a partir de demos pre-Godflesh, Streetcleaner é un álbum pesado e sombrío que combina heavy metal con música industrial cunha produción con baixos enfatizados, guitarras disorsionadas e, como parte máis importante, percusión proporcionada por máquinas. A diferenza de moitos álbums de metal, a guitarra empregouse para crear sons chirriantes en vez de riffs discretos, e a batería e baixo soan con máis volume que o habitual.[1] Streetcleaner foi promocionado por unha serie de concertos onde Godflesh tocou ao lado de Napalm Death,[2] e foi na parte norteamericana da xira onde a banda comezou a gañar unha importante fama internacional.
Dende a súa publicación Streetcleaner recibiu multitude de eloxios e foi interpretado ao vivo na súa totalidade dúas veces (unha no Roadburn Festival, unha gravación que foi publicada como álbum ao vivo en 2013).[3] Moitas outras bandas de metal citaron ao álbum como particularmente influente, entre elas Neurosis, Fear Factory e Isis, e o líder de Godflesh, Justin Broadrick, considérao un dos seus lanzamentos máis importantes. En 2017 a revista Rolling Stone nomeou a Streetcleaner o 64º mellor álbum de metal de todos os tempos.[1]
Listaxe de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por Justin Broadrick e G. C. Green. Os temas do 6 ao 10 amén escritos por Paul Neville.
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"Like Rats" |
4:29 |
2. |
"Christbait Rising" |
7:00 |
3. |
"Pulp" |
4:16 |
4. |
"Dream Long Dead" |
5:19 |
5. |
"Head Dirt" |
6:09 |
6. |
"Devastator" |
3:20 |
7. |
"Mighty Trust Krusher" |
5:26 |
8. |
"Life Is Easy" |
4:51 |
9. |
"Streetcleaner" |
6:42 |
10. |
"Locust Furnace" |
4:45 |
52:21 |
Cancións extra do CD (Tiny Tears EP) |
N.º |
Título |
Duración |
11. |
"Tiny Tears" |
3:25 |
12. |
"Wound" |
3:05 |
13. |
"Dead Head" |
4:09 |
14. |
"Suction" |
3:22 |
Disco 2 da remasterización de 2010 |
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"Like Rats" (mestura orixinal inédita) |
4:22 |
2. |
"Christbait Rising" (mestura orixinal inédita) |
6:50 |
3. |
"Pulp" (mestura orixinal inédita) |
4:07 |
4. |
"Dream Long Dead" (mestura orixinal inédita) |
5:08 |
5. |
"Head Dirt" (mestura orixinal inédita) |
6:01 |
6. |
"Streetcleaner" (ao vivo en Xenebra, principios de 1990) |
5:47 |
7. |
"Head Dirt" (ao vivo en Xenebra, principios de 1990) |
6:00 |
8. |
"Pulp" (ensaio, maio de 1989) |
12:20 |
9. |
"Dream Long Dead" (ensaio, abril de 1989) |
5:29 |
10. |
"Christbait Rising" (ensaio, abril de 1989) |
6:34 |
11. |
"Deadhead" (demo orixinal de guitarra e caixa de ritmos, 1988) |
4:01 |
12. |
"Suction" (demo orixinal de guitarra e caixa de ritmos, 1988) |
3:11 |
69:50 |
Notas
- Nalgúns lanzamentos os temas 6 e 7 están conbinados nunha única canción titulada "Devastator / Mighty Trust Krusher".
Notas
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
EPs | |
---|
Sinxelos | |
---|
Ao vivo | |
---|
Recompilatorios | |
---|