Pure é o segundo álbum de estudio da banda inglesa de metal industrial Godflesh, publicado o 13 de abril de 1992 a través do selo Earache Records. Aínda que orixinalmente foi etiquetado só como metal industrial, dende entón o álbum foi recoñecido como un dos primeiros lanzamentos de post-metal.[1] Musicalmente, Pure conta con ritmos mecánicos e con guitarras ásperas, e ten cancións prolongadas con bastantes repeticións deliberadas. Como moita da música de Godflesh, é considerado pesado e agresivo, e eses elementos axudaron a que gañase a aclamación da crítica.
Pure foi apoiado polo sinxelo promocional e o vídeo musical de "Mothra". O EP de 1991 Cold World foi gravado nas mesmas sesións que o álbum. En 2013 Godflesh interpretou a meirande parte de Pure ao vivo no festival Roadburn. A pesar do descontento coa calidade da produción do álbum, o líder de Godflesh Justin Broadrick considérao un dos lanzamentos máis honestos do grupo.[2] En 2012 a revista Fact clasificou a Pure como o 64 mellor álbum dos 90.[3] A mesma revista en 2015 situou ao disco no posto 18 da súa lista dos 40 mellores álbums de post-metal.[1]
Listaxe de cancións
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"Spite" |
4:31 |
2. |
"Mothra" |
4:31 |
3. |
"I Wasn't Born to Follow" |
7:22 |
4. |
"Predominance" |
6:16 |
5. |
"Pure" |
5:02 |
6. |
"Monotremata" |
9:21 |
7. |
"Baby Blue Eyes" |
4:39 |
8. |
"Don't Bring Me Flowers" |
6:48 |
Cancións do CD |
N.º |
Título |
Duración |
9. |
"Love, Hate (Slugbaiting)" |
9:57 |
10. |
"Pure II" |
21:04 |
79:31 |
Notas
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
EPs | |
---|
Sinxelos | |
---|
Ao vivo | |
---|
Recompilatorios | |
---|