Stephen Kern Robinson, nado en Sacramento, California, o 26 de outubro de 1955, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-85, STS-95, STS-114 e STS-130.[1][2]
Traxectoria
Robinson graduouse en enxeñaría mecánica e enxeñaría aeronáutica pola Universidade de California en Davis en 1978 e é máster en enxeñaría mecánica pola Universidade Stanford en 1985. Ten un doutoramento en enxeñaría mecánica pola Universidade Stanford en 1990.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en decembro de 1994, participando nas misións STS-85, STS-95, STS-114 e STS-130 e pasando un total de 48,41 días no espazo.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos