Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Clone Wars.
Star Wars: Clone Wars é unha serie de animación situada dentro do universo de Star Wars. A serie sitúase no medio das Guerras Clon entre a República galáctica baixo o poder do Chanceler Palpatine, e a Confederación de Sistemas Independentes baixo o mando do Conde Dooku.
Cronoloxicamente, os sucesos da serie ocorren no período de tres anos que existe entre Star Wars Episode II: Attack of the Clones e Star Wars Episode III: Revenge of the Sith. Esta serie foi producida por Cartoon Network Studios en asociación con Lucasfilm, e tivo 25 episodios que foron emitidos dende o 2003 ata o 2005. A serie animada en CGI 3D Star Wars: The Clone Wars sitúase no mesmo período. Esta serie foi producida por Lucasfilm Animation, unha división de Lucasfilm; e estreada o 3 de outubro de 2008.
Serie orixinal
A serie orixinal componse de 20 mini episodios de 3 minutos para as primeiras dúas tempadas (que compoñen o volume un da serie) e cinco episodios de doce a quince minutos de duración para a terceira tempada (que compoñen o volume dous da serie). Os 25 episodios compoñense principalmente de batallas internas xa que a súa énfase está centrada na acción, por este motivo a historia non está tan desenvolta como nas películas. A pesar disto, pódese ver na terceira tempada que a historia se centra nas accións de Anakin Skywalker.
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Episodios | |
---|
Outros proxectos | |
---|