Spider-Man: Across the Spider-Verse é un filme estadounidense de 2023 dirixido por Joaquim Dos Santos, Kemp Powers e Justin K. Thompson. Baséase no personaxe de Marvel Comics Miles Morales, foi producido por Columbia Pictures e Sony Pictures Animation en asociación con Marvel Entertainment, e distribuído por Sony Pictures Releasing. É a secuela de Spider-Man: Into the Spider-Verse (2018) e a segunda película da franquía Spider-Verse, que está ambientada nun multiverso de chamado "Spider-Verse". O guión foi escrito por Phil Lord, Christopher Miller, quen tamén producen e David Callaham. Shameik Moore é a voz de Miles, xunto coas voces de Hailee Steinfeld, Brian Tyree Henry, Lauren Vélez, Jake Johnson, Jason Schwartzman, Issa Rae, Karan Soni, Shea Whigham, Greta Lee, Daniel Kaluuya, Mahershala Ali e Oscar Isaac. No filme, Miles vive unha aventura con Gwen Stacy / Spider-Woman polo multiverso, onde coñece a un equipo de Spiders dirixido por Miguel O'Hara / Spider-Man 2099 coñecido como Spider-Society, pero entra en conflito con eles ao manexar unha nova ameaza na forma do Spot.
Personaxes
Notas