Sonic Prime[2] é unha serie de televisión canadense-estadounidense de animación baseado no videoxogo Sonic the Hedgehog de SEGA. Coproducido por Sega of America, Netflix Animation, WildBrain Studios e Man of Action Entertainment, é a sexta versión en serie animada da franquía. A primeira tempada, que comprende oito episodios, estreouse o 15 de decembro de 2022 en Netflix,[3][4] onde conta con opción de dobraxe e subtitulado en galego.[5] Segundo WildBrain Studios, a serie está previsto que teña 23 episodios en total.[6] Sega confirmou a estrea da segunda tempada para o 13 de xullo de 2023.[7][8] A terceira e derradeira tempada estreouse o 11 de xaneiro de 2024 e conta con 7 episodios.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos