Sona Jobarteh, nada en 1983[1] en Londres, é unha vocalista, instrumentista e compositora gambiana e británica. Medrou no seo dunha das cinco principais familias griot de África Occidental que tocan a kora, das que é a primeira muller recoñecida que toca este instrumento de xeito profesional.[1][2] É neta do mestre griot Amadu Bansang Jobarteh, curmá de Toumani Diabaté e irmá de Tunde Jegede, todos eles coñecidos instrumentistas de kora.[3] En agosto de 2017 deu un concerto na cuarta edición do Noia Harp Fest, no concello de Noia.[4]
Discografía
- Spoken Herbs - (2006, produtora e artista convidada)
- Music of the Diaspora (2006, banda sonora orixinal de 500 Years Later)
- Nu Beginin' - (2007, artista convidada)
- Afro Acoustic Soul - (2008, Sona Soul Records)
- Light in the Shade of Darkenss - (2008, produtora e artista convidada)
- Motherland: The Score - (2010, African Guild Records)
- Fasiya - (2011, African Guild Records)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas