Marcos Couso Sánchez, nado en Ordes, é un artista multidisciplinar (ilustración, muralismo[1] e rapeiro) galego[2][3][4] coñecido co nome artístico de Sokram.
Traxectoria
Musicalmente forma parte dos grupos Sokram e Dios ke te crew, e antes de 5Talegos. En 2015 editou o primeiro LP en solitario "Chuvia Ácida". En 2016 foi ecoñecido como o mellor artista de hip hop galego na III edición dos Premios Martín Códax da Música.[5] Con importantes colaboracións musicais coma L.A.R. Legido (Sumrrá), Hevi (Malandrómeda, Fluzo), Jamas e MØU (Dios ke te crew) ou A Magnifique Bande dos Homes sen Medo entre outros.[6]
En canto ao arte pictórico, forma parte de Mutante Creativo, onde desenvolve o seu traballo en deseño gráfico, arte mural, ilustración, audiovisual e creación musical. É o organizador e coordinador dos festivais de arte urbana DesOrdes Creativas de Ordes e do Rexenera Fest de Carballo, entre outros.[7] O seu estilo bebe do graffiti, do cómic underground americano, da ilustración Lowbrow contemporánea e do deseño gráfico, mesturando liñas firmes e contundentes vectoriais cunha ampla gama cromática.[3][8]
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas