Sofía Nieto, nada en Alcorcón o 16 de agosto de 1984, é unha actriz e matemática española coñecida especialmente por traballar nas series Aquí no hay quien viva e La que se avecina.
Traxectoria
Sofía Neto empezou a súa carreira como actriz ós 16 anos, comezando ós poucos no mundo do teatro. En 2003, foi elixida para facer da filla de Juan Cuesta na serie de televisión española Aquí no hay quien viva. Estivo a actuar na serie até que acabou de emitirse, o 6 de xullo de 2006. Logo de mercar Telecinco os dereitos da serie de Antena 3, ela e a maioría de actores de Aquí no hay quien viva pasaron a rodar en xaneiro La que se avecina. Nieto pasou a ser a bolseira da barbaría Araceli Madariaga, pero, ó separarse Araceli de Enrique Pastor, el converteu a barbaría nun bar e ela pasou a ser camareira.
Rodou un telefilme chamado Bichos raros. Participou en obras de teatro como Entremeses, de Miguel de Cervantes, ou Amor de don Perlimplín con Belisa en su jardín, de Federico García Lorca.
Outras actividades
Logo de retirarse da actuación en 2008, iniciou os seus estudos na Universidade Autónoma de Madrid onde se licenciou en matemáticas cun premio extraordinario polo seu expediente excelente durante toda a carreira. Estuda o doutoramento na Universidade Autónoma de Madrid[1] ademais de ser profesora axudante en devandita universidade.[2]
Notas