Un sofá é un moble utilizado para sentar confortablemente unha ou máis persoas.[1]
Atópanse xeralmente no salón. Un sofá clásico consta dunha estrutura de madeira forrada de tea e acolchada nalgunhas zonas (por exemplo, nos apoiabrazos). A iso engádense coxíns de diversos recheos que conforman o asento e o respaldo. Os sofás comercialízanse nunha gran variedade de tecidos e en coiro así como en moi diversos deseños.
Algúns ábrense para formar unha cama como é o caso do sofá cama.
Historia
O sofá era orixinalmente o trono dos árabes e exipcios e a súa existencia está constatada xa na antigüidade.[2]
O sofá era orixinalmente un moble da elite e non foi até a época da industrialización en que o sofá se converteu nun artigo imprescindible dos mobles nas casas de clase media e baixa. Ao longo da súa historia foi a miúdo obxecto de polémica, considerándoo unha gran variedade de cousas desde decadente até conformista.[2]
O sofá lígase hoxe á vida familiar doméstica e ao sedentarismo. Colócase a miúdo enfronte da televisión no cuarto de estar, e utilízase tamén para durmir a sesta. O sofá tamén se converteu no apoio central para moitas comedias de televisión. Esta simbiose, coa cal o sofá pasou do privado á esfera pública, representouse satiricamente na cultura popular, en series de televisión tales como Friends, The Big Bang Theory, Married... with Children, The Simpsons e Beavis and Butt-Head.
Armazón de madeira, xeralmente de piñeiro, aglomerado...
Asentos: de cincha de nea, gomaespuma...
Respaldos e brazos: de gomaespuma picada.
Fundas
Hai tendas especializadas en fundas para sofá, incluíndo tamén tapiceiros.
As fundas para sofá adoitan ser axustables ou elásticas e con medidas estándar (a medida máis importante é o longo, incluíndo os repousabrazos), cubrindo tamén a parte de atrás do sofá.[4]