Sobreira de Abaixo, Fornas, Chantada

Sobreira de Abaixo
ParroquiaFornas
ConcelloChantada
Coordenadas42°37′21″N 7°47′24″O / 42.622537921781, -7.7901262933191
Poboación56 hab. (2009)
editar datos en Wikidata ]

Sobreira de Abaixo é un lugar da parroquia de Fornas no concello lugués de Chantada, na comarca de Chantada. Segundo o IGE, en 2009 tiña 56 habitantes (26 homes e 30 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 72 habitantes.

Economía

Sobreira de Abaixo está constituído por cinco casas de campo, cada unha coas súas terras. A actividade orixinal era a labranza e o autoconsumo ademais da venda de leite e carne de vacún principalmente. As terras son ricas e dedicadas fundamentalmente a pradería, tamén abundan as carballeiras e hai algo de forraxes principalmente millo.

En Sobreira de Abaixo están as instalacións de ICOS, sociedade cooperativa dedicada á actividade agraria principalmente, aínda que ultimamente está transvasando as súas competencias.

Festas

Na actualidade este é o lugar de celebración da "Festa da Empanada" durante as festas patronais da vila no mes de agosto.

As festas do lugar son en maio na honra da Virxe de Lourdes así como da súa parroquia San San Cristovo de Fornas, estas festas seguen o patrón das festas de campo e son principalmente para reunións familiares aínda que na actualidade percíbese un declive deste costume.

Lugares e parroquias

Lugares de Fornas

Lugares da parroquia de Fornas no concello de Chantada (Lugo)

Ansoar | Fornas de Abaixo | Fornas de Arriba | Sobreira de Abaixo | Sobreira de Arriba

Parroquias de Chantada

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Chantada

Adá (Santa Baia) | Arcos (Santa María) | Argozón (San Vicente) | Belesar (San Bartolomeu) | Bermún (Santa María) | Brigos (San Salvador) | Camporramiro (Santa María) | Chantada (Santa Mariña) | Esmeriz (Santa Mariña) | Esmoriz (San Xillao) | Fornas (San Cristovo) | A Grade (San Vicente) | A Laxe (San Xoán) | Líncora (San Pedro) | Mariz (San Martiño) | O Mato (San Xillao) | Merlán (San Tomé) | O Monte (San Miguel) | Mouricios (San Cristovo) | Muradelle (San Paio) | Nogueira de Miño (Santa María) | Pedrafita (Santa Baia) | Pereira (San Mamede) | Pesqueiras (Santa María) | Requeixo (Santiago) | Sabadelle (Santa María) | San Fiz de Asma (San Fiz) | San Pedro de Viana (San Pedro) | San Salvador de Asma (San Salvador) | San Xurxo de Asma (San Xurxo) | Santa Cruz de Viana (Santa Cruz) | Santa Uxía de Asma (Santa Uxía) | Santiago de Arriba (Santiago) | A Sariña (San Vicente) | Veiga (San Xoán) | Vilaúxe (San Salvador)