Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Fornas.
San Cristovo de Fornas é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. Tiña 94 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística[2], 47 homes e 47 mulleres. O que supón unha diminución de 12 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 106 habitantes (48 homes e 58 mulleres).
Topónimo
O máis probable é que as tumbas antropomorfas desen o nome a toda a parroquia. Etimoloxicamente, o topónimo Fornas pode derivar da palabra latina "furnus" (concavidade ou forno) [3].
Patrimonio
- Igrexa de San Cristovo de Fornas, da segunda metade do século XII, con numerosas reformas posteriores.
- Cruceiro de Fornas ou Ansoar.
- Tumbas antropomorfas escavadas en pedra.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Fornas
Parroquias de Chantada
Notas
Véxase tamén
Outros artigos