Sobrado, A Pobra de Trives

Sobrado (San Salvador)
Vista xeral de Sobrado de Trives
ConcelloA Pobra de Trives[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°18′59″N 7°14′17″O / 42.316472222222, -7.2379833333333
Poboación69 hab. (2015)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

San Salvador de Sobrado é unha parroquia que se localiza no concello da Pobra de Trives, na provincia de Ourense. Segundo o IGE[2], en 2015 tiña 69 habitantes (35 homes e 34 mulleres), 64 menos ca no 2000.

Xeografía

Situada na vertente setentrional da Serra de Queixa a 678 m. de altitude, é bordeado por o Río San Lázaro e o Regato da Retorta.

A parroquia de Sobrado está formada polos seguintes núcleos de poboación: Sobrado (á súa vez dividido nos barrios de Outeiro, Campo, Nogueira, Currelada, Barrelende, Igrexa e Fondo do Lugar), Monteboi, O Carreto, A Retorta e o pazo de Barbeirón. Atópase tamén nos seus límites o núcleo deshabitado de Santo Estevo, antigo asentamento castrexo.

Patrimonio

En Sobrado está o conxunto arquitectónico formado pola románica igrexa de San Salvador de Sobrado de Trives[3][4] e o beneditino mosteiro de San Salvador de Sobrado de Trives (ámbolos dous do século XII), cruceiro (principios do século XVII) e a torre de campás de edificación exenta (século XVI). Outros edificios de interese son o Pazo de Barbeirón, o Pazo do Cobato e o Pazo do Saído (estes dous no mesmo núcleo de poboación de Sobrado), boas mostras da tradicional casa rural galega.

Fora do núcleo de poboación, en dirección á parroquia da Encomenda pódese visitar un souto de castiñeiros e rebolos na zona do Regato da Retorta. Nesta mesma zona, no cumio dun pequeno monte (O Castelo), atópanse os restos dun castelo medieval (segundo as xentes da zona destruído na Guerra da Independencia española). Seguindo a liña do mesmo cumio, na Cividá, atópanse os restos dun asentamento castrexo (Poula das Animas).

Festas

Nesta parroquia celébranse a festa da Cruz (o primeiro domingo de maio) e a festa patronal do San Salvador (o 6 de agosto).

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Sobrado

Lugares da parroquia de Sobrado no concello da Pobra de Trives (Ourense)

Sobrado

Parroquias da Pobra de Trives

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Pobra de Trives

Barrio (San Xoán) | O Castro (San Nicolao) | Cotarós (Santiago) | Cova (Santa María) | A Encomenda (Santo Antonio) | Mendoia (Nosa Sra. da Concepción) | Navea (San Miguel) | Pareisás (Santo Antonio) | Pena Folenche (Santa María) | Pena Petada (Santo Estevo) | Piñeiro (San Sebastián) | A Pobra de Trives (Sto. Cristo da Misericordia) | San Lourenzo de Trives (San Lourenzo) | San Mamede de Trives (San Mamede) | Sobrado (San Salvador) | Somoza (San Miguel) | Trives (Santa María) | Vilanova (Santa María) | Xunqueira (San Pedro)

Notas

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 28 de abril de 2021. 
  3. Gallego Armesto, H. (1918). "La iglesia de Sobrado de Trives". Boletín da Real Academia Galega (200): 225–230. 
  4. Ramón Fernández-Oxea, X. (1929). "A eirexa de S. Salvador de Sobrado de Trives". Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas