San Salvador de Sobrada é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 986 habitantes (483 homes e 503 mulleres).
Patrimonio
A igrexa parroquial é de finais do século XVIII, pero conserva sobre o lintel da porta do muro norte dúas mochetas con cabezas de bóvidos da primitiva portada románica. Nela celébrase o luns de Pascua o Lance da Cruz, no que participan párrocos e pescadores das dúas beiras do río Miño.
Festas
Celébrase a festa do Cristo do Socorro a segunda fin de semana de agosto, e tamén se conta coa Festa do lanzó da Cruz, que se celebra o Domingo e Luns de Pascua.
División eclesiástica
Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado de Tui-Entenza, na diocese de Tui-Vigo.[3]
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares da parroquia de Sobrada
Parroquias de Tomiño
Notas
Véxase tamén
Outros artigos